Encontro Folclórico

Xa son dez as edicións do “Encontro Folclórico” que organiza a Agrupación de Centros Culturais. Un evento cultural senlleiro na cidade de Vigo, que reune en catro sesión, ó longo do ano, ata 16 grupos folclóricos.

Unha ocasión para coñecer e gozar co traballo que desenvolven grupos coma Lembranzas Galegas, O Fiadeiro, Traspés, Andarela, Asubío, Corisco e moitos outros grupos da cidade olívica.

Este domingo, 23 de marzo, ás 18:00h no auditorio da SCDR “Helios” de Bembrive actuarán os grupos de baile de:

Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa “Helios”

Agrupación Folclórica “Froles Novas”

Asociación Folclórica “Corisco”

Asociación Cultural “Traspés”

Como mostra da calidade e bo facer destes grupos, deixámosvos un vídeo da participación  de Traspés nas XI Xornadas de Baile e Música Tradicionais do Concello de Vigo.

Advertisements