Rosalía musicada

Non será a primeira, nin a derradeira vez que se musiquen poemas de Rosalía de Castro, pero a verdade é que o  traballo de aCadaCanto emociona e nos transporta a outro tempo, a outra realidade que non é doado atopar hoxe en día.

As voces de Guadi Galego e Xabier Díaz, acompañados de Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero conforman aCadaCanto e xuntos deron nova vida a seis poemas de Rosalía de Castro, catro de “Cantares Gallegos” e dous de “Follas Novas”, no EP  titulado “A Rosa d’Adina”.

aCadaCanto: A Rosa d’Adina, Músicas de Salitre, 2013.

Advertisements