A primeira gaiteira galega da historia

A figura de Áurea Rodríguez foi descuberta, fai xa máis de seis anos, pola musicóloga Sonsoles Hernández Barbosa no marco das súas investigacións sobre a música en Celanova (Itinerario Histórico-Musical de Celanova e Vilanova dos Infantes, Ouvirnos, 2007).

Áurea Rodríguez Gaiteira

Apenas chégannos tres datos da súa biografía, pero suficientes para saber que foi unha muller con iniciativa, valente e que causaba admiración. Nos anos vinte do século XX foi a directora e a gaiteira solista do cuarteto Os marabillas de Cartelle. Con esta formación, deu unha serie de concertos en Madrid que lle valeron o título de “la reina de la gaita gallega”. Ao final da década, o cuarteto inicia unha xira por Arxentina, pero esa será a penúltima das súas aparicións públicas documentadas. Non será ata 1945 que se lle poida situar en Venezuela nunha actuación.

Recentemente trascendeu que Milagros Bará está desenvolvendo unha investigación sobre Áurea Rodríguez. Os resultados da mesma integraranse no proxecto Album de Mulleres, do Consello da Cultura Galega.

Actualizado a 5 de agosto de 2014:

Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital para divulgar e investigar as contribucións das mulleres á sociedade e cultura galegas. Neste espazo dixital, Milagros Bará, publicou un documentado artigo Áurea Rodríguez. A raíña da gaita galega. No artígo aporta profusa información sobre a súa biografía e a da formación Os marabillas, pero deixa aberta a investigación sobre que sucedeu despois de 1945. Oxalá poidamos, algún día, completar a súa biografía.

Advertisements