Gaiteiros galegos no Trofeo Mac Crimmon

Desde o ano 1986, dentro da programación do Festival Intercéltico de Lorient, vense desenvolvendo Trofeo Mac Crimmon de Gaita. Nel compiten os mellores instrumentistas de gaita e highland pipes do mundo celta (Irlanda, Escocia, Bretaña, Gales, Illa de Man, Cornualles, Galicia e Asturias) e quen o gaña consegue un dos trofeos máis prestixiosos para un gaiteiro.

Trofeo Mac Crimmon de Gaita

En 11 das 28 edicións, da modalidade de gaita, un gaiteiro galego foi recoñecido coma o mellor, entre os que se atopan Carlos Núñez, Edelmiro Fernández, Pablo Devigo ou Pedro Álvarez. Nesta ocasión, a representación galega no Trofeo Mac Crimmon vai estar a cargo de Xesús Rodríguez, Marcos Tella, Lois Prado e Bruno Villamor e o xurado galego por Alberto Coya, gañador en 2009, e Suso Ascariz. Coma é habitual neste concurso, os gaiteros teñen que interpretar un tema galego, outro asturiano e un bretón.
——————————————————————————————————————-
Gañador do Trofeo Mac Crimmon para solistas de gaita.
Editado a 3 de agosto de 2013

Finalmente o Mac Crimmon deste ano non puido vir para Galicia, o gañador foi Álvaro Álvarez un gaiteiro asturiano de La Fresneda (Siero). Álvaro era o gaiteiro máis novo de todos os participantes, tan só 19 anos. Lévase os 1360 € do premio e o prestixio que outorga este galardón. Noraboa.

Álvaro Álvarez gañador do Mac Crimmon 2014
——————————————————————————————————————-
Resultados do 29 Trophée Mac Crimmon de Gaita
Editado a 5 de agosto de 2013

1º Álvaro Álvarez (Asturias).
2º Xesús Rodríguez (Galicia).
3º Jesús Fernández (Asturias).
4º Javier Menéndez (Asturias).
5º Bruno Villamor (Galicia).
6º Marcos Tella (Galicia).
7º Lois Prado (Galicia).
8º Fabián Fernández (Asturias).

Advertisements