Mónica de Nut: canto de raíz galego

A primeira vez que escoitamos a Mónica de Nut foi a mediado dos anos 90 do pasádo século e xa entón ficamos abraiados. Alumeaba a escea underground de Vigo cunha formación chamada “Arte Nut”. Pasan xa vinte anos dos seus primerios pasos e segue alumeando coa súa voz, convertida nunha das referencias na mistura de jazz, música de raíz e ópera.

É unha muller polifacética, pois non só canta senón que tamén é actriz con experiencia en danza contemporánea e pedagoga musical. Ademáis ten un senso holístico no musical, chega con leer as súas declaracións a prensa “A ópera non é mellor que unha banda de gaitas; só é diferente”. E malia o seu excelente currículo, ainda quedan iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros que son capaces de cometer atrocidades coma o ocurrido no pub Dux de Sanxenxo o pasado 31 de Xullo.

Para que podiades comprobar que o escrito é certo, deixámosvos unha gravación con Virxilio da Silva á guitarra e Mónica de Nut á voz, dentro dos concertos acústicos a dúo do disco “Mónica de nut trio”.

Advertisements