Novos aires no folk da man de TRIM

Que é o que sucede cando Luis Peixoto, Fernando Barroso e Pedro Fariñas se reunen nun estudo de gravación? A resposta e TRIM: un trío que mestura a gaita galega coas cordas, co que queren aportar a súa visión da música instrumental actual, con composicións propias e reminiscencias das músicas populares de Galicia e Portugal.

Non é necesario presentar ós integrantes de TRIM, teñen un curriculo impresionante e envexable por calquera. Agora con esta formación, cunha sonoridade peculiar, queren renovar o panorama folk actual. Veñen de editar un CD e DVD gravado no estudo “A Ponte” de Tomás Ageitos, onde realizaron sesiones en directo dos temas.

Unha mostra é “Danzas do Espazo-Tempo”:

Advertisements