100 anos de folclore galego con “Toxos e Froles”

O vindeiro 2015 o Real Coro “Toxos e Froles” de Ferrol vai celebrar o centenario da súa fundación. Compre achegarse a historia desta institución para decatarse da súa importancia no devir, non só da música tradicional galega, se non tamén da cultura e sinais de identidade de Galicia.

Real Coro "Toxos e Froles", 1915

A súa primeira actuación data do 29 de Maio de 1915 e realizouse no Teatro Jofre de Ferrol, baixo a dirección do gaiteiro Manuel Lorenzo Barja, que foi fundador do coro. Son a primeira entidade que grava o himno galego Malia que foron “Cantigas e Aturuxos”, de Lugo, quenes gravaron, en 1918, o himno galego por primeira vez; é “Toxos e Froles”, baixo a dirección de Darío Pazos Cajide en 1922, quen realiza a primeira gravación completa do himno. Ó longo da súa traxectoria, a masa coral e o corpo de baile, obtiveron incontables recoñecementos que acreditan a súa calidade, así son posuidores do 1º Premio no Certame de Coros Galegos de Ourense, en 1917; do 2º Premio no Concurso Rexional de Coros de Ourense, en 1955; do 2º Premio na I Xornada de Folklore de Santiago de Compostela, en 1969; do 1º Premio nas III Xornadas, en 1971; do 3º Premio no Festival Folklórico de Alcázar de San Juan, en 1974; do 1º Premio nas Xornadas Folklóricas da Cidade de Ourense, en 1979; do 3º Premio no Festival Internacional de Torremolinos, en 1992, e un logo etcétera de premios e galardóns.

Ademáis do propio coro, que é a sección principal, e do seu corpo de baile; na actualidade forma “Toxos e Froles”, o Grupo de Instrumentos Tradicionais “Manuel Lorenzo”, o Grupo de Baile Tradicional “Perfecto Feijóo”, o Grupo de Cantareiras “Gradaílle”, o Grupo de Teatro, a Orquesta de Pulso e Púa “Airiños da Miña Terra”, a Escola de Palilleiras e Bordadoras “Elvira Alberto”.

TEASER 100 TOXOS E FROLES from Real Coro Toxos e Froles on Vimeo.

Advertisements