O mellor folk de Galicia?

Encaramos o fin de semana con ganas de coñecer quen é o mellor grupo ou solista folk de Galicia. Para iso decidimos lanzar esta mega-enquisa. Participa votando pola túa preferencia. Se cres que falta alguén nesta lista, non dubides en propoñer o teu candidato. A próxima semana faremos unha reportaxe sobre os tres primeiros.

———————————————————–
Actualización: Resultados da enquisa a 18 de Agosto de 2014, ás 21:00h.

Temos que manifestar que a enquisa non cumpre os requisitos necesarios para ser considerada científica e que o obxectivo non era outro que coñecer os gustos e preferencias dos lectores deste blogue.

Os solitas ou grupos que máis votos acadaron durante estes catro días foron:

  • Carlos Núñez 16,7%
  • Berrogüetto 13,9%
  • Budiño 8,3%
  • Treixadura 5,6%
  • Milladoiro 5,6%
  • Riobó 5,6%
  • Cuarteto Caramuxo 5,6%

Son sen dúbida un amplo abano de solista e grupos que ben representan ó mellor do folk galego, pero nos sería xusto deixar de citar ó resto das preferencias que foron votadas ou propostas e que representan case o 40% dos apoios.

  • Anxo Pintos
  • Rodrígo Romaní
  • Luar na lubre
  • Anxo Lorenzo
  • Os Carunchos
  • Abóbriga
  • Filobia
  • The Crass
  • Tiruleque
  • Radio Cos
  • Pablo Devigo
  • Trim

A enquisa non a imos pechar, polo que co tempo irá sumando máis votos e propostas. Cando exista algunha actualización destacable actualizaremos este artigo.

Advertisements