Homenaxe ao Gaiteiro 2014

Un ano máis o Grupo Etnográfico A Buxaina organiza a vixésimo séptima edición dunha gala homenaxe a quenes son elementos fundamentáis da nosa música e a nosa cultura. A “Homenaxe ao Gaiteiro” é un evento de carácter anual que está organizado en colaboración có Centro, Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo de Vigo e ten coma obxectivo homenaxear a persoas que ao longo da súa vida fixeron algún tipo de labor que axudou a divulgar e conservar a nosa cultura e as nosas tradicións. Nesta edición os homenaxeados serán Paco Bello, gaiteiro de Gargamala, Mondariz e Consuelo Vázquez Souto (Consuelo dos Queixos), pandereteira de Carballo.

Ademais da homenaxe propiamente dita, actuarán os grupos Pink Roe, Grupo Etnográfico A Buxaina e poderemos gozar cun espactáculo especialmente preparado para o acto que reúne á Unión Musical de Coruxo, dirixida por Francisco Abal Rosales, e ao gaiteiro Xaquín Xesteira, mestre de gaita na E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) e compoñente do grupo Treixadura e ao tamén gaiteiro Xosé Manuel López Sanromán. A presentadora desta edición é a cantautora María Xosé Silvar (Sés).

Homenaxe ao Gaiteiro 2014

O acto celebrarase no auditorio do Centro Cultural AFundación, na rúa Policarpo Sánz, en Vigo. As invitacións poden recollerse no CRAC de Coruxo cunha entrada-donativo de 2 euros (socios) e unha entrada-donativo de 3 euros (non socios).

Advertisements